A nosa compañeira Laura, nova presidenta da Asociación Galega de Editores

laura blog - A nosa compañeira Laura, nova presidenta da Asociación Galega de Editores

O pasado 16 de xuño, a asamblea celebrada pola Asociación Galega de Editores no Consello da Cultura Galega formou nova xunta directiva, resultando elixida presidenta Laura Rodríguez Herrera, de Hércules de Ediciones, que xa viña desempeñando o cargo de secretaria da entidade.

Laura Rodríguez Herrera  asume o cargo polo compromiso de Hércules coa Asociación Galega de Editores e tamén seguindo a aposta personal que fixo nos últimos anos. Nacida a carón do mundo editorial (seu pai é o fundador de Hércules), desexa contribuir a un tempo novo nun sector necesitado de constante renovación.

Aínda que andivo preto dela desde moi pequena, Laura incorporouse a Hércules no ano 2008, primeiro desde os Estados Unidos, donde residía daquela; e, dende 2010, ano no que voltou definitivamente a Galicia, desde a sede que a editorial ten no Paseo Marítimo coruñés.

Inquieta e teimosa, márcase como retos personais a aprendizaxe, a integración dos diferentes colectivos que participan do mundo do libro, a internalización do libro galego, desenvolver unha canle común para a comercialización dixital do libro galego… E unha morea de cousas máis que precisarían moito espazo.

A súa formación, entusiasmo e coñecemento das novas tecnoloxías son os seus avais. E desde Hércules desexámoslle grandes logros.

Parabéns, Laura.

Comparte este post

Carriño da compra
Scroll ao inicio