Co espírito de potenciar todas as facetas culturais da nosa comunidade, a Fundación Rodríguez Iglesias leva tempo organizando a súa propia Colección de Arte Galega, que comprende xa máis de setenta obras, algunha tan significativa como “A tentación de Colombina”, de Castelao, sen dúbida unha das xoias do modernismo en Galicia.
GALICIA COMO MODELO E COMO PROXECTO, Xosé Antón Castro Fernández.
Comprometido coa cultura galega e promotor dun proxecto multidisciplinar que indaga nos aspectos máis amplos da historia, da xeografía, da literatura, da antropoloxía e do pensamento deste país, consolidado, ao longo dos anos, en Hércules de Ediciones, Rodríguez Iglesias, o seu impulsor e principal ideólogo, afronta a arte no seo dunha Fundación que posúe uns obxectivos que van dar corpo ás súas mesmas obsesións editoriais. Galicia como modelo e proxecto intenta prolongar o compromiso máis alá dos libros e situarse na diacronía do que foron as artes plásticas a través dos diferentes períodos do século XX... Ler máis


COLECCIÓN DE ARTE DA FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS