
Hércules de Ediciones nace en 1985 como un esforzo persoal do actual presidente do Consello de Administración, Francisco Rodriguez Iglesias, que pretende impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. Para iso reúne ao seu ao redor a un grupo de galegos ilusionados, procedentes do sector do libro, que se propoñen, a través desta empresa, dotar a Galicia dunha obra de carácter temático que profundase naquelas cuestións que definen a nosa comunidade.
O resultado desta magna iniciativa é o Proxecto Galicia; en torno ao que se reúnen os máis importantes intelectuais desta terra; entre eles, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, D. Fernando González Laxe, D. Xosé Manuel González Reboredo, D. Darío Villanueva Prieto, D Fancisco Javier Río Barja, D. Xulio Correa Corredoira, D. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, D. Siro López Lorenzo, D. Isaac Díaz Pardo, D. José Antonio García Caridad e D. Carlos Acuña Rubio e, ata o intre do seu pasamento —1996 y 2003 respectivamente—, D. Xosé Filgueira Valverde e D. Domingo García-Sabell. A obra, que xa conta con 62 tomos publicados, atópase nas bibliotecas das máis prestixiosas institucións académicas de todo o mundo.
Outros éxitos da editorial son o programa de educación integral Titor Hércules, a serie Galicia para soñar ou a colección A Grande Obra dos Camiños de Santiago, da que xa se publicaron 14 volumes.
Localización en el mapa
Contacto
HERCULES DE EDICIONES S.L.
C/ Cordelería 32. Edificio Hércules.
15003 A Coruña
Télefono: 981 220 585
Fax: 981 220 717



