Belesar, o orgullo de España

O libro recolle polo miúdo a historia da construción da presa de Belesar; unha obra case faraónica e de consecuencias para toda Galicia.

 

19,50 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

O libro recolle polo miúdo a historia da construción da presa de Belesar; unha obra case faraónica e de consecuencias para toda Galicia.

O encoro de Belesar foi sen dúbida unha  obra de enxeñería e arquitectura singular, senlleira no só en Galicia, senón tamén en España e en Europa, e capaz de competir coas obras de enxeñería industrial máis importantes do mundo.

Pero na construción da presa houbo tamén moitas sombras: as malas condicións dos traballadores, o emprego de presos políticos, as escasas cantidades pagadas polas terras e as casas …, e todo no contexto da dictadura franquista. O libro fala tamén da beleza dunha paisaxe que xa non volveu a ser a de antes, da desaparición dun microclima característico e das “bágoas dos veciños ao mirar para un Miño que xa non era río”.

É un libro necesario para todos os galegos, pero especialmente para todos os que foron afectados polo encoro de Belesar, positiva ou negativamente.

Peso 0,9 kg
Dimensións 2 × 17 × 24 cm
ISBN

978-84-92715-71-8

Páxinas:

200

Tamaño:

17×24

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica

Fotografías:

120

Ano de publicación

2013

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Belesar, o orgullo de España”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio