|

Estudo introdutorio e selección de textos: Xosé Manuel González Reboredo e Manuel Quintáns Suárez
Idiomas de edición: galego e castelán

|
"GALICIA PARA SOÑAR"
Contos marabillosos, relixiosos, da vida cotiá, colorados, de animais, do mundo urbano-tecnolóxico e de contacontos compoñen o corpus narrativo deste volume.
Esta obra recolle unha selección de contos galegos procedentes da tradición oral (ou, en contadas ocasións, de certas formas de transmision tecnolóxica), recompilados durante os séculos XIX e XX.
A través destes textos podemos descubrir unha mensaxe socializada, que se desenvolve dentro dun escenario concreto e que permite ver, entre outros aspectos, crenzas e valores ou certas formas de diversión propias dunha sociedade e dunha cultura ou civilización, neste caso, a galega.
Ver na tenda
|