
Coordinación: Antonio Segundo Vázquez Portomeñe
Non existía ata o momento unha obra que contemplase de forma global o Camiño
como a “vía de vías” que é, tratando en profundidade todos os aspectos desta ruta;
e, sobre todo, abordando todas as rutas.
“A Grande Obra dos Camiños de Santiago. Iter Stellarum” vén encher ese baleiro.
Máis alá da súa vertente relixiosa e humana, os elementos artísticos e paisaxísticos, así como o propio contacto cos pobos e costumes, converteron esta vella ruta nunha vía cultural, nun camiño de espiritualidade ata o corazón de Galicia e, en consecuencia, nun gran valor turístico.
Cada ruta ofrece un universo distinto con só cambiar o punto de orixe: empezar o Camiño Francés en Roncesvalles pouco ten que ver con partir desde a catedral de Sevilla e dirixirse a Santiago polo que pode ser o segundo gran camiño de peregrinación a Compostela: a Vía da Prata; ou con percorrer Portugal de Sur a Norte, ben pola costa, ben polo interior. E que dicir daqueles que cruzaban o País Vasco e Cantabria por un camiño, o Norte, tan duro coma fermoso; ou dos que utilizaban o Camiño Primitivo para visitar o Salvador da catedral de Oviedo.

14 tomos (I-XIV)
- 8 tomos (I-VIII) (dispoñibles en castelán)
- 3 tomos (IX-XI) (dispoñibles en castelán, galego, inglés e portugués)
- 3 tomos (XII-XIV) ( dispoñibles en castelán , galego e inglés)
|


A GRANDE OBRA DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

