TEXTO _ Esteban Perelló Renedo
ILUSTRACIÓN _ Gabriel Sánchez-Tembleque Cano
En forma novelada, esta obra recrea a derradeira etapa da vida de Porlier. Logo dunha gloriosa campaña loitando contra os franceses no norte de España, Porlier foi procesado por conivencia co liberalismo e deportado dende Madrid á Coruña.
A súa fervenza ideolóxica contaxiouse ao chegar a esta cidade, a segunda máis liberal de España, e na que se pronunciou en 1815 contra o réxime absoluto de Fernando VII. Queda así reflectida aquela fermosa aventura de Porlier, quen pasou xa a ocupar un posto de honra no panteón do liberalismo heroico.



