Coordinación técnica: Arturo Revilla Bonnín
FOTOGRAFÍA _ Hércules de Ediciones y SITGA
A importante base cartográfica empregada para realizar esta obra, coordinada por Arturo Revilla Bonnín, foi o mapa a escala 1:200.000 do SITGA, Sistema de Información Territorial de Galicia, que o obtivo a partir da combinación de imaxes captadas por satélite e fotometrías aéreas.
Por iso, ao longo das súas páxinas pódese observar, como “a vista de paxaro”, o que tantas veces temos visto debuxado en planos de estrada ou rueiros. Todos os expoñentes naturais (ríos, montes, lagos, o amplo litoral galego...) ou froito da man do home (espazos agrarios, vías, cidades e ata vilas de menos de 100 habitantes) están presentes neste atlas, ademais dun detallado apéndice toponímico para a procura e localización de accidentes xeográficos, vilas, encoros, etc.
Nesta obra colaboraron Manuel Gallego Priego, José González Joga, Francisco Fanego Riobó, Antonio Moureira Vila, Roberto Blanco García, María Xosé Precedo López, Berta Román Díaz, Celso Cuñarro Taboada, Antonio Quintana García, Jorge García Bello, Juan Loureiro Grandal e Enrique Fernández-Xesta
Idioma de edición: galego



