|
ri
Autores: VV. AA. Idiomas de edición: galego e castelán
|
ORIXE E HISTORIA DO BOTAFUMEIRO
Nesta publicación analízase a orixe e a historia do botafumeiro desde a súa implantación (1276, segundo unha nota marxinal do Códice Calixtino) ata o seu uso contemporáneo.
Así, desde o primeiro botafumeiro do século XIII houbo cinco máis rexistrados: un regalado por Luis XI de Francia, un novo que se fixo en 1499 tras saír despedido o que había daquela e que durou ata 1622, que se substituíu por outro e que foi roubado durante a invasión francesa en 1809, outro de ferro que durou ata mediados do século XIX, e o actual, de latón prateado e de 53 quilogramos de peso.
Ver na tenda
|