XEOLOXÍA |
ZOOLOXÍA |
BOTÁNICA |
Ofrecer unha visión de conxunto sobre os elementos que constitúen a natureza galega é o obxectivo da serie “Natureza” do Proxecto Galicia.
A colección abarca os campos da Xeoloxía, da Zooloxía e da Botánica, profundizando ao máximo en todas as áreas destas disciplinas e ofrecendo gran cantidade de información e detalles.
Os expertos nas distintas materias souberon equilibrar nesta serie o rigor científico cun estilo ameno para o lector non especializado.
En definitiva, a través destas páxinas quérese achegar ao lector a un ambiente vivo co que, a pesar da súa proximidade, foise perdendo pouco e pouco o contacto.





