
Aínda que pode parecer un tópico, é un feito incuestionable que a situación xeográfica de Galicia, as súas características climáticas e as súas peculiares condicións topográficas e hidrográficas confírenlle unha particular capacidade para albergar unha fauna moi diversa e de especial relevancia no contexto europeo.
A través destes catro volumes inténtase contribuír ao necesario cambio de actitude fronte ao saber zoolóxico da comunidade galega. Pois aínda que posuímos un bo coñecemento dos grupos de vertebrados, moitos dos aspectos cruciais da súa bioloxía foron pouco divulgados. Por outro lado, a pesar de que se teñen sinalado en Galicia non menos de 10.000 especies de invertebrados (só é unha pequena parte do poboamento real do territorio) a súa representación en publicacións non específicas é case anecdótica.
| Tomo XXXVII Zooloxía I |
Tomo XXXIX Zooloxía III |
| Tomo XXXVIII Zooloxía II |
Tomo XL Zooloxía IV |
| Idiomas de edición: galego e castelán |
ÍNDICES | AUTORES |



