|
Titor Hércules é un programa de educación integral: abarca todo o relacionado coa formación do neno en todos os aspectos e durante toda a vida. Trátase dun método para conseguir unha formación total.
|
SERIE PAIS E EDUCADORES

A serie Pais e Educadores pretende explicar como coidar e educar. Ser pais significa coidar, educar e colaborar na construción da personalidade dos fillos; ofrecerlle ao neno as mellores condicións para un perfecto desenvolvemento físico, biolóxico e psicolóxico; e, así mesmo, dirixir, encamiñar, desenvolver e perfeccionar as calidades intelectuais e morais do neno ou do mozo. A educación vén a ser ese longo, pausado e transcendental proceso que comeza no fogar, culmina na escola e dura toda a vida.
Idiomas de edición: Castelán e Galego
SERIE INFANTIL
Para un bo desenvolvemento intelectual dos nenos durante a infancia é fundamental conseguir afeccionalos á lectura. Para iso, a serie Infantil de Titor Hércules propón comezar por libros de xoguete (libros acolchados que se poden introducir na bañeira, mollar, manchar, etc., sen que rompan).
Para continuar coa nosa proposta formativa, suxerimos lerlles en voz alta desde que son moi pequenos: ao principio, nanas e poemas; máis adiante, os contos de sempre para espertar a súa imaxinación e transmitirlles mensaxes positivas. Finalmente, para lograr unha total identificación do neno coa lectura, utilizaremos os textos duns moi novos autores; é dicir, textos escritos por outros nenos de similar idade para que sentan identificados coas historias e se animen a escribir eles mesmos os seus propios contos.
Idiomas de edición: Castelán
SERIE PRIMARIA: FORMACIÓN

A finalidade desta serie é a familiarización do neno coas áreas do coñecemento.
Unha vez que os rapaces se consolidan como lectores, quedan aínda dous grandes obxectivos: desenvolver a súa creatividade e habitualos ás disciplinas académicas.
E, para facelas máis atractivas, convertéronse as materias en contos, en historias reais, pero narradas dun xeito tan agradable e ameno que o neno pásao ben ao mesmo tempo que vai aprendendo.
Idiomas de edición: Castelán e Galego


TITOR HÉRCULES


