O xornalista Xurxo Fenández, de El Correo Gallego, eloxiou a gran calidade literaria desta, aínda pouco coñecida, escritora e equiparou a súa narrativa á da mesmísima Emilia Pardo Bazán.
A autora, arroupada durante o acto polo seu home e prologuista do libro, Víctor Vázquez Portomeñe, e polo Presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias, salientou que na súa obra quixo retratar a latente pugna entre alegría e desesperanza nun ambiente brutal dunha época pasada. Unha etapa da que as mellores lembranzas son os amigos.
>> Sobre o libro



NOVAS

