O libro recolle polo miúdo a historia da construción da presa de Belesar; unha obra case faraónica e de consecuencias para toda Galicia.
O encoro de Belesar foi sen dúbida unha obra de enxeñería e arquitectura singular, senlleira no só en Galicia, senón tamén en España e en Europa, e capaz de competir coas obras de enxeñería industrial máis importantes do mundo.
Pero na construción da presa houbo tamén moitas sombras: as malas condicións dos traballadores, o emprego de presos políticos, as escasas cantidades pagadas polas terras e as casas …, e todo no contexto da dictadura franquista. O libro fala tamén da beleza dunha paisaxe que xa non volveu a ser a de antes, da desaparición dun microclima característico e das “bágoas dos veciños ao mirar para un Miño que xa non era río”.
É un libro necesario para todos os galegos, pero especialmente para todos os que foron afectados polo encoro de Belesar, positiva ou negativamente.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.