+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Coloreando a provincia de Lugo

Paula Mayor

9.50

Un libro de  colorear para todos: para nenos, para maiores, para lugueses, para visitantes…

Dispoñible

Categories: ,

O novo libro para colorear de Paula Mayor.

Un libro de  colorear para todos: para nenos, para maiores, para lugueses, para visitantes…

Unha preciosa maneira de descubrir ou  redescubrir a provincia de Lugo, á vez que damos renda solta á nosa creatividade.

Un percorrido por esta marabillosa provincia galega en 56 páxinas, con 45 preciosas ilustracións de Paula Maior, e cun mapa que nos servirá para identificar mellor os recunchos e monumentos que recolle o libro: desde a Praia das Catedrais ata a Ribeira Sacra, pasando polas rúas da capital.

Un bonito recordo para levar a casa despois dunha viaxe a Lugo e un precioso agasallo para todos os lugueses.

Paula Mayor

Os recordos máis felices da miña infancia están profundamente enlazados con ter un lapis nas miñas mans. Contos, historias, cómics… daban paso a un mundo no que mergullarse e soñar. Desde o momento en que descubrín a ilustración non a puiden abandonar; deste xeito a miña profesión dirixiuse inexorablemente cara ao deseño gráfico (maquetación, infografía, deseño téxtil e editorial, publicidade…), comezando así unha traxectoria que me permitiu compaxinar o meu labor coa miña paixón.

Traballei en moitos e diferentes ámbitos da ilustración —a exploración de novos campos sempre me tentou—, con libros infantís, cómics, carteis para organismos oficiais, etc., e teño a gran satisfacción de ser premiada en varias ocasións.

Dar vida a personaxes é algo que despois de tanto tempo segue fascinándome; por iso sempre estou impaciente por empezar novos retos que me fagan crecer como artista.

Descargar ficha:

 

 

Autor/a:

ISBN:

Encadernación:

Páxinas:

Tamaño:

Idioma:

Ano de publicación:

You may also like…