+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

El mundo de Lovely Pepa. Descubre el lado más personal de la bloguera de moda

22.90

A través do seu exitoso blog Lovely Pepa, Alexandra Pereira leva ensinándonos máis de catro anos, en breves post, as últimas tendencias de moda,

Dispoñible

Os estilismos que loce cada día, as súas viaxes, os seus compromisos profesionais… o seu vertixinoso día a día, en suma.

Pero botábamos de menos unha mirada máis profunda e intimista á realidade persoal e familiar desta blogueira de éxito internacional. E así nace El mundo de Lovely Pepa, no que, coa proximidade e a complicidade que a caracterizan, Alexandra fai unha pausa no seu frenético ritmo de vida para contarnos os seus pensamentos íntimos e desvelar aspectos da súa vida privada que non coñeciamos.

Ademais de compartir segredos persoais, Alexandra desvela neste libro os seus principios de moda, beleza ou alimentación, e proponnos trucos e consellos para lucir sempre unha imaxe impecable e un aspecto saudable. Cuestións que os seus miles de seguidores levaban tempo reclamando e que, á fin, trata coa profundidade e dedicación que merecen. Dende cales son as pezas imprescindibles de todo armario ou como crear varios looks totalmente diferentes a partir dunha mesma peza, ata como estar ben alimentado ou controlar o estrés.

Como non podía ser doutro modo, o libro dedica tamén un extenso capítulo a analizar o fenómeno dos “blogs de moda” dende a experiencia persoal da autora. Non hai que esquecer que Lovely Pepa é un dos 20 blogs máis seguidos do mundo e gañador do premio ao Blog máis influente a nivel internacional entregado durante a Fashion Week de Nova York en 2013. Así, no libro, Alexandra explicaranos como foron os comezos de Lovely Pepa, as claves da súa mellora, a súa colaboración coas firmas de moda…, ou o traballo que se necesita para que cada mañá os seus seguidores poidan gozar dun novo post.

Dende a serenidade e a reflexión que permite a lenta e pausada xestación dun libro, a nova autora nos ofrece o mellor de si mesma e ábrenos a súa casa (como ten organizado o seu armario, a súa colección de zapatos, onde e como garda as súas xoias, como prepara a maleta para as súas viaxes) e o seu corazón (quen lle serve de inspiración, a música que a consola, as receitas da súa familia, a súa colaboración con ONG).

Se xa amas o seu blog, este libro te fará amar a Alexandra. E se non o descubriras aínda, fará que te sintas cativado por ambos os dous.

 

Descargar ficha técnica: 

ISBN:

Páxinas:

Tamaño:

Idioma:

Encadernación:

Fotografías:

Ano de publicación:

Autor:

Tamén recomendamos…

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close