+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

A Casa Grande

13.50

Un día,
un home tivo o soño
de construír unha Casa Grande,
sen portas nin ventás,
onde puidesen vivir os homes e as mulleres
de todas as linguas, cores, razas, relixións e latitudes.

Clear

En A Casa Grande, João Manuel Ribeiro preséntanos un “Manifesto de Cidadanía”. Aborda temas plurisignificativos, como as distintas linguas, latitudes, culturas, cores e crenzas relixiosas. O escritor apela aos pequenos lectores para que compartan sentimentos como o amor, a verdade e o perdón. Convídaos a participar neste desafío que é o combate pola conquista dunha linguaxe universal, nova e común a todos aqueles que respectan a diferenza.

A Casa Grande é un álbum metafórico onde se pode aprender a ser un maiúsculo cidadán que soña sen medo de envellecer e vive con intensidade. As ilustracións de Ricardo Rodrigues, dunha forma particularmente feliz, recrean os momentos clave do texto, así como contemplan aspectos que o compoñente verbal non inclúe, enriquecéndoo.

Descargar ficha: 

Autor:

Ilustración:

ISBN:

Idioma:

,

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

You may also like…