+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

A Grande Obra dos Camiños de Santiago-Ruta Marítima de Arousa

135.00

O presente volume analiza a ruta marítima de Arousa e a súa orixe —a “ translatio” dos restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa (actual Tel Aviv) ata Iria Flavia (Padrón) no século I d. C.—. Segundo mantén a tradición, os discípulos do Apóstolo, Teodoro e Atanasio, trasladaron nunha barca de pedra ao Apóstolo, ao que Herodes Agripa mandou degolar. Séculos máis tarde de produce o descubrimento do sepulcro do Apóstolo, dando lugar ao Camiño de Santiago como ruta de peregrinación para venerar os seus restos. Por iso, moitos defendemos a este camiño como o Primeiro Camiño de Santiago.

Dispoñible

Un Camiño é moito máis que un camiño. Hai moito da alma de Galicia nos Camiños de Santiago e hai moito da alma de Galicia en cada un, porque cada camiño ten algo especial que o caracteriza e distingue. Con todo, algún Camiño preséntasenos cun carácter distinto, unha alma nova e un destino —atrevémonos a chamalo así— que aquí descubrimos e mostramos ao lector.
O presente volume trata a historia deste destino singular de Arousa, un “triángulo fascinante” delimitado ao note pola Serra do Barbanza, cos seus espléndidos miradoiros da Curota e O Iroite, que ten as súas réplicas no leste, no Monte Xiabre e no miradoiro de Monte Lobeiro, entre Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
O suroeste péchase coa Ría de Pontevedra, con Sanxenxo e O Grove e as illas de Ons e Sálvora, na boca de Arousa. O vértice norte do triángulo prolóngase en dirección a Santiago, pola veiga do río Sar, afluente do Ulla que nace no noroeste da propia cidade.
A obra analiza tamén a “intrahistoria” desta terra, a historia da vida cotiá e do que a fai única: a pesca e o marisqueo, o soado viño albariño, tradicións como a Romaría Viquinga de Catoira, así como un conxunto de escritores, xornalistas e artistas —desde Macías “ou Namorado” a Castelao— que teñen no Mar de Arousa o seu berce ou a súa fonte de inspiración.
Pero tan importante como o destino é o marabilloso camiño que nos leva ata el —a ruta marítima de Arousa— e a súa orixe mesmo —a “ translatio” dos restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa (actual Tel Aviv) ata Iria Flavia (Padrón) no século I d. C.—. Segundo mantén a tradición, os discípulos do Apóstolo, Teodoro e Atanasio, trasladaron nunha barca de pedra ao Apóstolo, ao que Herodes Agripa mandou degolar. Séculos máis tarde de produce o descubrimento do sepulcro do Apóstolo, dando lugar ao Camiño de Santiago como ruta de peregrinación para venerar os seus restos. Por iso, moitos defendemos a este camiño como o Primeiro Camiño de Santiago.
A “Ruta Xacobea do mar de Arousa e o río Ulla”, que hoxe conmemora tal evento, foi presentada como ruta turística en 1963 a instancia de José Luis Sánchez-Agustino López. Desde entón ata hoxe este Camiño foise fortalecendo e contribuíu —co apoio de organismos públicos e privados— á promoción cultural, turística e económica da ría de Arousa e do rio Ulla e de todos os concellos que nacen á súa beira.

IDIOMAS DE EDICIÓN: Castelán

Coordinación: Antonio Segundo Vázquez Portomeñe

TOMO XVI. RUTA MARÍTIMA DE AROUSA

416 pp.
22 x 30 cm
220 fotografías en color
2018
ISBN: 978-84-948619-7-0

Idioma:

You may also like…