Strakas. Historia de una infamia

Strakas é o alcume dun rapaz nacido en 1940 nos suburbios dunha capital de provicia. Arrancado polas autoridades do prostíbulo onde exercía a súa nai, a súa nenez no Hospicio foi endurecendo o seu carácter e aos doce anos xa trazara un plan de supervivencia e vinganza cuxo único obxectivo era enriquecerse e fuxir de alí.

19,90 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Strakas é o alcume dun rapaz nacido en 1940 nos suburbios dunha capital de provicia. Arrancado polas autoridades do prostíbulo onde exercía a súa nai, a súa nenez no Hospicio foi endurecendo o seu carácter e aos doce anos xa trazara un plan de supervivencia e vinganza cuxo único obxectivo era enriquecerse e fuxir de alí.  Pero o destino puxo de novo no seu camiño á súa primeira mestra, Aurita, que, sen sabelo, se encontra en perigo. E o que parecía un plan perfecto vese desbordado pola crua realidade, moito máis dramática do que xamais tivese imaxinado. E a tensión crece e os acontecementos precipítanse, e cada vez que volve a calma ábrese unha nova fronte.

Strakas non é un personaxe amable. Os seus defectos non moven á compaixón e a súa idea da moral é moi persoal, pero precisamente por iso remata resultando un personaxe moi real e próximo. Todos somos un pouco Strakas, para ben e para mal. Ningún dos personaxes é demasiado tenro nin doado, pero todos eles soñan… E para conseguir os seus soños poden envorcallarse na lama ou ascender ao ceo, porque son os soños os que moven o mundo real. Un mundo real de corrupción, intriga, crime, paixón… Esta novela desvela as miserias do ser humano pero tamén a súa mellor cara, producindo no lector unha montaña rusa de sensacións que o atrapan e fan que o desenlace se faga desexar…

Peso 0,8 kg
Dimensións 25 × 18 cm
ISBN

978-84-92715-81-7

Páxinas:

272

Tamaño:

24 x 16,5 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica

Ano de publicación

2014

Autoría

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Strakas. Historia de una infamia”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio