+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Testigo y parte de la historia reciente de Galicia

22.90

Sen pelos na lingua, neste libro os protagonistas son os seus recordos e opinións, a súa visión como político, pero tamén como cidadán, todo iso aderezado con non poucos “segredos de Estado” da nosa Historia máis recente: prolegómenos, iniciativas, tensións, receos, enfrontamentos, filtracións e relevos. De todo un pouco, na política como na vida.

Esgotado

Categorías: , Tags: ,

Portomeñe, “a secas”, non precisa máis presentación. Carismático e intrépido, ninguén mellor ca el para contar en primeira persoa os apaixonantes avatares da política galega dende o seu mesmo nacemento.

Sen pelos na lingua, neste libro os protagonistas son os seus recordos e opinións, a súa visión como político, pero tamén como cidadán, todo iso aderezado con non poucos “segredos de Estado” da nosa Historia máis recente: prolegómenos, iniciativas, tensións, receos, enfrontamentos, filtracións e relevos. De todo un pouco, na política como na vida.

Das primeiras Eleccións Locais e o Estatuto dos 16 á formación, por primeira vez na nosa Historia, dun Goberno autonómico. As primeiras Asembleas de Parlamentarios Galegos, presididas por Antonio Rosón e José Quiroga Suárez; a elección do primeiro Presidente da Autonomía, Gerardo Fernández Albor; a moción de censura que levou á presidencia da Xunta a Fernando González Laxe; e, como, non o asoballante éxito e posterior declive do mesmo Manuel Fraga, temoneiro do goberno galego durante máis de quince anos.

Portomeñe estivo na política activa ata 2008. Pero é en 2014, coa distancia que proporciona máis dun lustro afastado da vida pública, cando sente a necesidade de narrar os feitos tal como el os viviu, como Testemuña e Parte da historia recente de Galicia.

Entre os seus principais logros hai que citar a súa visionaria promoción do Xacobeo 93. Grazas á súa actuación, o Camiño de Santiago -e con el Galicia- cobrou protagonismo a nivel mundial e sería recoñecido Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

ISBN:

Páxinas:

Tamaño:

Idioma:

Encadernación:

Fotografías:

Ano de publicación:

Autor:

Tamén recomendamos…

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close