+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

O xigante secreto do avó

11.90

Unha historia XIGANTE que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Litchfield, gañador do Waterstones Children’s Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por “O Oso e o Piano, publicado tamén en galego por Hércules de Ediciones.

David Litchfield – O xigante secreto do avó

—Ten mans do tamaño de táboas —dixo o avó—, pernas longas coma as baixantes dos tellados das casas e pés tan grandes coma botes pesqueiros. Sabes de quen falo?

—Si! —suspirou Billy—. Do xigante secreto. Pero non é real!

Billy non cre a seu avó cando lle conta que hai un xigante na vila que se dedica a facer boas obras para todo o mundo. El sabe que un xigante é demasiado grande como para manterse oculto. E por que QUERERÍA manterse en segredo?

Pero, segundo pasa o tempo, Billy aprenderá que algúns segredos son GRANDES de máis para mantelos en segredo por moito tempo…

Unha historia XIGANTE que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Litchfield, gañador do Waterstones Children’s Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por “O Oso e o Piano, publicado tamén en galego por Hércules de Ediciones.

Descargar ficha: 

ISBN:

Páxinas:

Tamaño:

Idioma:

Encadernación:

Ano de publicación:

Autor/a:

Traductor/a:

You may also like…