Titor Hércules
Titor Hércules é un programa de educación integral: abarca todo o relacionado coa formación do neno en todos os aspectos e durante toda a vida. Trátase dun método para conseguir unha formación total.
Os titores foron, durante séculos, os encargados da educación dos príncipes e dos fillos das familias da nobreza. Hoxe, os pais esfórzanse en coidar e educar o mellor posible os seus fillos, pero non poucas veces descoñecen como facelo. Por iso, Titor Hércules pretende ser ese preceptor, ese amigo que os guíe e os axude na ardua tarefa de educar os fillos.
Coordinadores: Agustín Dosil Maceira, María Teresa Sánchez Castaño