Una lección de convivencia

[vc_row css=\”.vc_custom_1442846960462{padding: 0px !important;}\”][vc_column][vc_column_text][/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=\”1/4\”][vc_column_text]

Domingo, 13 de Diciembre de 2015

INÉS SÁNCHEZ | Publicado en El Correo Gallego

[/vc_column_text][vc_btn title=\”Enlace a la Noticia\” style=\”flat\” shape=\”square\” size=\”sm\” i_icon_fontawesome=\”fa fa-external-link\” link=\”url:http%3A%2F%2Fwww.elcorreogallego.es%2Ftendencias%2Fel-correo2%2Fecg%2Fleccion-convivencia%2FidEdicion-2015-12-13%2FidNoticia-969496%2F||target:%20_blank\” add_icon=\”true\”][vc_btn title=\”Sobre el libro\” style=\”flat\” shape=\”square\” color=\”primary\” size=\”sm\” align=\”center\” i_icon_fontawesome=\”fa fa-book\” button_block=\”true\” add_icon=\”true\” link=\”url:http%3A%2F%2Fherculesediciones.com%2Fproduct%2Fastropal-un-cometa-con-corazon%2F||\”][/vc_column][vc_column width=\”3/4\”][vc_column_text]\”Astropal, un cometa con corazón\”, escrito por José Julio Fernández Rodríguez, e ilustrado por Laura González González.

Unha lección de convivencia

A través de Astropal, un cometa con corazón, álbum infantil editado por Hércules Ediciones (A Coruña) viaxamos pola galaxia da man do cometa Astropal, o singular protagonista deste conto ilustrado, quen ten como meta levar a ledicia aos seres que conforman o seu entorno. O valeroso cometa encoméndase na súa misión de facer as súas tarefas, tentando que todos aqueles que o rodean sexan o máis felices posible.

Escrito por José Julio Fernández Rodríguez (Ourense, 1970) e ilustrado por Laura González González, Astropal, un cometa con corazón achéganos unha lección que mestura amizade, ecoloxía e cidadanía a través das aventuras do cometa protagonista, que sabe cal é o seu lugar e a súa función dentro da súa contorna.

O cometa Astropal viaxa enérxico levando a cabo o seu labor pola galaxia. Ademais de desenvolvelo día a día nesse medio, o cometa atópase cun estrano obxecto perdido, un astronauta na súa nave ó que non dubida en axudar a chegar á Terra, proxectando desta forma unha sensibilidade no lector que moito se asemella a un consello de convivencia; Astropal ensina a evitar os prexuízos e a axudar a todo aquel que o precise, sen importar quen sexa ou de onde veña. Esta travesía interprétase coma unha metáfora moi didáctica da sociedade actual, na que cadaquén, ademais do cumprimento das súas responsabilidades, debe coñecer e respectar as normas de convivencia que fan tomar as decisións correctas á hora de afrontar os problemas que se poidan atopar no camiño.

Por outro lado, os termos utilizados durante o relato, tales como \”asteroide\” ou \”satélite\” ou simplemente a finalidade da existencia dos cometas, poderían formar parte de calquera lección inicial de astronomía, que tería indubidablemente como protagonistas as fermosas e traballadas ilustracións de Laura González González. O traballo da ilustradora nesta publicación non pasa desapercibido. Os fortes fondos negros nos que Astropal se desliza e xoga polas páxinas crean unha sensación dinámica e entretida para o lector e permiten que a mirada estea centrada nos protagonistas do relato, combinando á perfección a lectura visual e a lectura textual.

É así que este libro ilustrado se converte nun perfecto compañeiro na viaxe educativa dos máis pequenos durante os primeiros anos de aprendizaxe e de escolarización.

Debido a súa carga didáctica, Astropal, un cometa con corazón, é un álbum que moitos docentes de infantil e primaria poden utilizar como ferramenta interdisciplinar, grazas á sinxela narrativa e á tenra ilustración que mesturan unha ampla variedade de valores e intelixencias totalmente aplicables en varias materias que hoxe conforman o currículo educativo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte este post

Carriño da compra
Scroll ao inicio