Amanda Gorman

É a poeta máis nova en participar nunha investidura presidencial na historia dos Estados Unidos. Defensora comprometida co medio ambiente, a igualdade racial e a xustiza de xénero, o seu activismo e a súa poesía xa foron destacados en medios como The Today Show, PBS Kids, CBS This Morning, The New York Times, Vogue, Essence e O, The Oprah Magazine. En 2017, foi nomeada pola Urban Word a Primeira Poeta Xuvenil Nacional Laureada de Estados Unidos. É tamén autora do poemario The Hill We Climb and Other Poems, amais da edición especial do seu poema inaugural The Hill We Climb. Graduouse na Universidade de Harvard coa cualificación cum laude e vive actualmente na súa cidade natal, Os Ánxeles. Podes visitar a súa páxina web na ligazón theamandagorman.com ou seguila en @amandascgorman.