Barbara Cantini

Barbara cantini 1024x714 - Barbara Cantini

Barbara Cantini naceu en Florencia no 1977. Despois de licenciarse, graduouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso «Ilustrador do ano». Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración, e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co home, coas dúas fillas, con catro gatos e cun hámster moi valente… xa zombi. No 2017 publicou o primeiro volume da serie Mortiña, un éxito internacional traducido a vinte e tres linguas, ao que seguiu Mortiña. Un curmán repugnante, Mortiña. O amigo pantasma e Mortiña e as vacacións no lago Misterio.

Carrito de compra
Scroll al inicio