Camilo F. Valdehorras

Estudou Filoloxía Hispánica e Dereito na Universidade de Santiago (1976-1980). É licenciado en Filoloxías galaico-portuguesa pola Universitat de Barcelona (1985), Diplomado Superior en Lingua e Cultura Portuguesas pola Universidade de Lisboa (1988) e Doutor en Filoloxía Románica pola Universitat de Barcelona coa tese titulada Magnum Theatrum Gallaeciae ou O Grande Teatro do Mundo galego de Ramón Otero Pedrayo. Poética, dramaturxia e hermenéutica sobre a literatura de ficción do autor (2987 páxinas, calificada con Excelente cum laude por unanimidade, inédita, ano 2000).
Dende 1986 ata a actualidade traballa como profesor-investigador de Filoloxías galega e portuguesa na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona, na que é membro do Departament de Llengues i Literatures Modernes i d’Estudis Anglesos e do seu Claustre de Doctors. E dende 2005 é investigador do “Grup de Recerca Consolidat LAIREM” (Literatura, Art i Representació en la Edat Mitjana) da Generalitat de Catalunya.
Nas súas funcións como filólogo profesional especializouse como lexicógrafo, enciclopedista cultural e investigador literario.