Héctor Pose

Hector Pose - Héctor Pose

Héctor Pose (Malpica, 1964), é profesor universitario e escritor. Ten publicado diversos libros de ensaio arredor dos múltiples patrimonios e outras tantas maneiras de lelos. 

A súa biografía literaria sobre un recoñecido exfutbolista, Donato (Damajuana ediciones, 2016), o diario Doce lúas (Axóuxere, 2015), a novela Mar de invernía (Phottic, 2016), a novela en forma de diario Arponera Café (Nazarí, 2018), o libro-obxecto de fotografías con Enrique Lista, Un lugarDúas miradas inadecuadas (Autoedición, 2018), a novela Escribirme (Dopeirao, 2019) e o libro-obxecto Lascas (Estraperlo, 2020) co artista plástico Héctor Francesch van conformando unha ben interesante traxectoria creativa.

Carrito de compra
Scroll al inicio