Isabel Fraga Blanco

Isabel Fraga - Isabel Fraga Blanco

Isabel Fraga Blanco, coñecida como Frabisa, naceu en Montevideo (Uruguai) en 1956, filla de emigrantes galegos. En 1975 volveu cos seus pais a Galicia, onde se estableceu, casouse e tivo dous fillos.  

O seu amor pola cociña naceu sendo ela ben pequena, influída polo seu contorno familiar e a maxia producida nas elaboracións das numerosas reunións familiares que se celebraban en casa dos seus pais, onde pronto pasou a ser a responsable dos postres e doces que alí se servían.  

No 2010 abriu a súa blog de cociña “A cociña de Frabisa”, que se integrou en 2015 na edición dixital de La Voz de Galicia; desde entón o seu público non fixo máis que aumentar.  

As súas receitas mesturan a cociña tradicional coa actual, coidando sempre de utilizar o mellor produto executado con técnicas sinxelas e presentadas co mesmo e esmero de quen ama o que fai.  

A día de hoxe, os lectores e subscritores que seguen as súas receitas desde todos os rincóns do mundo cótanse por miles. 

No 2020 publicou o seu primer libro, Cocinando en casa, editado por Hércules de Ediciones. 

Carrito de compra
Scroll al inicio