Javier Becerra

Javier Becerra - Javier Becerra

Javier Becerra (A Coruña, 1975) é xornalista. Iniciouse nos fanzines dos noventa e as revistas especializadas como Ruta 66. Desde 2007 traballa no xornal La Voz de Galicia onde é redactor da sección Sociedad y Cultura. En paralelo, mantén o blog Retroalimentación e exerce de comentarista musical en Radio Voz. Publicou a biografía Los Eskizos, electricidad a contracorriente (2015), o libro infantil ¡Esto es pop! (2019), o ensaio La música no es lo más importante (2021) e o libro sobre o disco de Xoel López Atlántico (2022). Tamén se encargou da colección de cd-libros Galicia pop-rock (2017), coordina o ciclo Los conciertos de Retroalimentación e dá charlas divulgativas sobre a historia do pop para nenos.

Carrito de compra
Scroll al inicio