Luisa Martínez Lorenzo

Luisa Martinez Lorenzo - Luisa Martínez Lorenzo

Dra. en Ciencias do Mar e responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia.

Desde moi pequena sentín unha enorme curiosidade e admiración pola natureza, que fun alimentando con libros, guías de campo e documentais. Considérome moi afortunada porque na miña infancia sempre estiveron presentes a costa, o monte, a praia… en verán na Chabola (Praia América, Nigrán) e tamén na nosa aldea (Ferreiros, Boiro). 

Estudei Ciencias do Mar na Universidade das Palmas de Gran Canaria e alí foi onde descubrín esas illas (que considero a miña segunda casa, con permiso de canarias e canarios) e onde me atopei con Marian. 

Marian é moito máis ca unha amiga, é a miña familia elixida. Ela e outras persoas incribles deixaron unha profunda pegada na miña vida. 

Desde sempre, gustoume debuxar. No ano 2018 publiquei o meu primeiro libro: Puf! Vaia peido! e, desde 2019, dirixo a colección de divulgación científica Lanterna de Aristóteles

Marian e eu vivimos moitas experiencias xuntas: viaxes, proxectos, travesías, aventuras, desgustos, penas e risas… e agora este libro de Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, nel está a nosa esencia e a nosa visión sobre os retos que temos por diante como especie.

Carrito de compra
Scroll al inicio