Marian Martínez Izquierdo

Nacín nas beiras da lagoa salgada máis grande de Europa, o Mar Menor, onde con 15 anos e cun grupo de amigos do instituto montamos o Grupo Naturalista Mar Menor. Desde aí fomos facendo camiño na defensa da conservación da natureza e iso fixo que me decidise a estudar primeiro un ano de Bioloxía en Murcia e, finalmente, Ciencias do Mar nas Illas Canarias. Alí foi onde Luisa e eu nos atopamos no camiño e seguimos xuntas nesa AMIZADE (con maiúscula) que “nace para quedar para sempre».
Canarias adoptoume e alí sigo nas illas que me namoraron, rodeada do grande océano Atlántico.
Desde o ano 1998 son consultora ambiental de profesión, onde nunca deixei de estudar, aprender, innovar, compartir e poñerme en acción. Traballei na planificación e xestión de espazos naturais protexidos, son educadora ambiental, formei persoas que hoxe son educadoras ambientais e colaboro activamente con asociacións de conservación da natureza e voluntariado ambiental. En relación co cambio climático en concreto, traballei na adopción de medidas de adaptación e amortecemento nos sectores do turismo, da agricultura e da gandería, estudos de pegada de carbono, actuacións de restauración ambiental e reforestación en espazos degradados… 23 anos implicada con vocación no meu traballo dan para facer moitas cousas : ).
Nestes momentos estou a traballar como técnica ambiental superior na empresa pública GESPLAN, colaborando no desenvolvemento da Estratexia Mariña, no Plan de ordenación do Espazo Marítimo das Illas Canarias e na Axenda Canaria de Desenvolvemento sostible ODS 14 medio mariño, do Goberno de Canarias.