A colección Púrpura trae referentes feministas ao galego

[vc_row][vc_column width=\”1/4\”][vc_column_text]

Mércores, 18 de decembro de 2019

Irene Pin | Publicado en Sermos Galiza

[/vc_column_text][vc_btn title=\”Enlace a la Noticia\” style=\”flat\” shape=\”square\” size=\”sm\” i_icon_fontawesome=\”fa fa-external-link\” add_icon=\”true\” link=\”url:https%3A%2F%2Fwww.sermosgaliza.gal%2Farticulo%2Fcultura%2Fcoleccion-purpura-trae-referentes-feministas-ao-galego%2F20191218175342088551.html||target:%20_blank|\”][vc_btn title=\”Sobre el libro\” style=\”flat\” shape=\”square\” color=\”primary\” size=\”sm\” align=\”center\” i_icon_fontawesome=\”fa fa-book\” button_block=\”true\” add_icon=\”true\” link=\”url:https%3A%2F%2Fwww.herculesediciones.com%2Fgl%2Fcategoria-libro%2Fas-coleccions%2Fpurpura-gl%2F||target:%20_blank|\”][/vc_column][vc_column width=\”3/4\”][vc_column_text]A editorial Hércules bota a andar a colección Púrpura, un proxecto que se propón traducir ao galego textos de referencia dos feminismos actuais. A iniciativa xurdiu do xeito máis  natural. “Achegueime aos libros como lectora”, conta a editora da colección, Laura Rodríguez Herrera. Ante o auxe da temática feminista presente no noso día a día, escolleu optar por autoras de prestixio, recoñecidas pola crítica e o público, cuxas obras poderiamos considerar clásicos contemporáneos. Mulleres e Poder, de Mary Beard, e Os homes explícanme cousas, de Rebecca Solnit abren a liña.

“Achegueime aos libros como lectora”, conta a editora da colección, Laura Rodríguez Herrera

O primeiro, de 2017, está traducido por María Alonso Seisdedos e trae á nosa literatura as reflexións da erudita británica do mundo clásico, cun manifesto revolucionario que explora o papel das mulleres no poder desde Medusa até Merkel. Beard intérnase nos fundamentos culturais da misoxinia, considerando a voz pública das mulleres, as nosas asuncións culturais sobre a relación do xénero co poder e como as mulleres que o ostentan se resisten a seren encadradas en esquemas masculinos.

A segunda obra, publicada en 2014 e traída ao galego por María Fe González Fernández, reúne ensaios nos que Solnit cita a súa experiencia persoal e outros exemplos reais de como os homes mostran unha autoridade que non gañaron, mentres as mulleres foron educadas para aceptar esa realidade sen cuestionala. Desta obra estendeuse o fenómeno bautizado como “mansplaining”.

Referentes contemporáneos

Rodríguez argumenta que sería “unha mágoa que o noso sistema literario non tivese traducidas obras desta categoría”

Como mostran ambos títulos, a colección céntrase en textos actuais, cos dereitos de autoría vixentes, que foron levadas a preto de 20 linguas. Rodríguez argumenta que sería “unha mágoa que o noso sistema literario non tivese traducidas obras desta categoría”. Ademais, considera que “este tipo de ensaios son útiles, pois permiten que cada persoa tire unha conclusión e dan claves que axudan a comprender moitas cousas que están a acontecer na actualidade”.2019121817474426256 - A colección Púrpura trae referentes feministas ao galego

De momento, os dous libros foron traducidos desde o inglés, porén, o futuro da colección pasa por expandir o ratio a outras linguas. Así o revela Rodríguez, que xa ten en mente próximos títulos, aínda que prefire non precipitarse a compartilos connosco.

“Cando un tema se volve trending topic”, advirte Rodríguez, “pode presentar dúas caras”. Por unha banda é positivo, porque lle dá a visibilididade que reclama, mais ten medo de que, neste senso, a colección se perciba como “unha estratexia comercial”. Nada máis lonxe das súas intencións. Como conclúe Solnit, nos movementos sociais hai momentos de avance e retroceso. Se estamos nunha onda, cómpre aproveitar para aprender. Sen dúbida, Púrpura pode axudar nese traballo colectivo de mudar a sociedade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=\”.vc_custom_1442846960462{padding: 0px !important;}\”][vc_column][vc_column_text]Pie de Foto/Créditos: fulanito de tal y cual[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top