“A coroneliña”, unha historia en galego con reminiscencias de cine americano

  a coronelincc83a 1 - “A coroneliña”, unha historia en galego con reminiscencias de cine americano

Este fermoso título é o resultado de traducir, por primeira vez ó galego, a sonada obra de Annie Fellows Johnston (1863-1931), unha escritora estadounidense nacida en Indiana.

O argumento de The little Colonel, obra escrita no 1895, está inspirado nunha personaxe real, Cochran Hattie, que a autora coñeceu en Pewee Valley (Kentucky). A historia, que transcorre na época da Guerra Civil americana, trata do afastamento entre un vello coronel e a súa filla, e dos esforzos da pequena “coroneliña” para que se reconcilien.

No ano 1935, a compañía cinematográfica \”Twentieth Century Fox\” fixo unha exitosa película baseada no libro. Dirixida por David Butler, Shirley Temple interpretaba á protagonista e Lionel Barrymore facía do vello coronel.

Hércules de edicións quixo recuperar aquel personaxe entrañábel, universal e atemporal, incluíndoo na súa colección “Os imperdibles de Hércules”, unha selección de Literatura infantil e xuvenil de todos os tempos e culturas.

a coronelincc83a 2 - “A coroneliña”, unha historia en galego con reminiscencias de cine americano

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top