A pintura coruñesa de Picasso, nun capítulo de \”Los Simpson\”

O pasado domingo, a cidade da Coruña atopouse cunha curiosa noticia no xornal La Opinión.

O titular dicía así:

“El Picasso coruñés, en ‘Los Simpson’.

A noticia contaba que, con motivo dos 120 anos da primeira exposición do artista (que tivo lugar na Rúa Real coruñesa), o Museo de Belas Artes acollerá unha exposición con obras do pintor malagueño. Entre esas obras, exhibirase “A muchacha dos pes descalzos”, pintada na Coruña en 1895 por un noviño Pablo Ruiz.

A publicación Picasso Azul y Blanco. A Coruña: el nacimiento de un pintor, de Rubén Ventureira e Elena Pardo, analiza polo miúdo a estadía de Picasso na cidade (entre 1891 e 1895) e trata amplamente este cadro, o máis sobresaínte da etapa coruñesa do artista, que poderá contemplarse no Museo de Belas Artes da cidade a partir do 20 de febreiro, dentro da exposición El primer Picasso.

Pero o caso é que esa obra, que se poderá ver na Coruña a finais de febreiro, estivo xa exposta no imaxinarioMuseo de Arte de Springfield”, a cidade dos Simpson, eses bonecos animados de pel amarela e lingua satírica que levan vintacinco anos de éxito televisivo.

Concretamente, no capítulo Mom and Pop Art (X tempada, emitido por primeira vez no ano 1999 e escrito por Al Jean), o matrimonio Simpson vai percorrendo o museo e, de súpeto, o espectador ten no mesmo plano a Marge, a Homer e estas dúas obras de Picasso: “A muchacha dos pes descalzos” (Museo Picasso de París) e “O arlequín dourado” (Metropolitan Museum of Art, Nova Iork).

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, ahí tedes unha captura de pantalla dese preciso momento…

 

Boa fin de semana!

 

captura simpson picasso - A pintura coruñesa de Picasso, nun capítulo de \"Los Simpson\"

Comparte este post

Carriño da compra
Scroll ao inicio
Scroll to Top