A autora do álbum ilustrado “O desexo do gato Klops” instálase en Paradela (Lugo)

Estefanía Padullés é a autora dun libro para nenos que ven de publicar Hércules, unha bióloga reconvertida en ilustradora de material científico e infantil, que veu vivir a Paradela case por casualidade.

Catalana de nacemento, gardaba moi boas lembranzas dalgúns veráns que pasara en Galicia de noviña, pero cando fixo o Camiño de Santiago voltou a Andalucía (onde vivía coa súa parella había once anos) namorada dos soutos e fragas da provincia de Lugo.

E non tardaron en trocar a area e o sol por unha paisaxe máis verde e fresca. Cando se quixeron dar de conta, xa mercaran unha casa medio derruída en Paradela e, ós poucos e sen présa, van restaurando nela… E Estefanía non ten máis que palabras de eloxio e agradecemento para os veciños, que sin coñecelos de nada os están a axudar moitísimo.

E, mentras se asentan e botan raíces en Galicia, polo medio xurdíu a oportunidade de publicar este precioso álbum (inicialmente escrito en castelán e tamén publicado nesta lingua, “El deseo del gato Klops”) que nos amosa o que lle aconteceu a un simpático gatiño doméstico chamado Klops cando descobre unha estrela e pensa en pedirlle un desexo… Estefanía, polo de agora, xa veu os seus cumpridos: disfrutar cada día da paisaxe galega e ver o seu libro publicado. ¡Noraboa!

•••

O libro preséntase o vindeiro venres 19 de setembro, ás 19.30 horas, no Centro Socio-Cultural “Manuel Oreste Rodríguez López” de Paradela, así que si andades por alí…, quedades convidados.

portada gato klops gal blog1 - A autora do álbum ilustrado “O desexo do gato Klops” instálase en Paradela (Lugo) portada gato klops cast blog - A autora do álbum ilustrado “O desexo do gato Klops” instálase en Paradela (Lugo)

Comparte este post

Carriño da compra
Scroll ao inicio