[vc_single_image image=”814″ img_size=”full” alignment=”center”]
Analízase a figura do Apóstolo desde o seu nacemento e nenez ata a aparición dos seus restos en Compostela. E examínase en detalle a catedral compostelá e a súa historia—unha das marabillas da arte mundial—, así como a propia cidade de Santiago, unha urbe na que se respira arte e historia polos catro costados, que por algo é Patrimonio da Humanidade e foi Cidade Europea da Cultura.
Ademais faise un percorrido polas dúas rutas de peregrinaxe a Compostela máis destacadas: o Camiño Francés e a Vía da Prata.
Tanto se partimos desde Roncesvalles a Compostela coma se o facemos desde Sevilla, nas páxinas destes volumes poderemos atopar un gran legado non só devocional, senón histórico e artístico, froito dunha experiencia viva e dun encontro cun pasado cuxas pegadas seguen presentes.