O Camiño Primitivo inicíano en León os que deciden abandonar o Camiño Francés para, de paso que van á cidade do Apóstolo, desviarse e venerar o relicario de San Salvador en Oviedo. Así pois, desde o hospital de San Marcos en León diríxense a Arbas del Puerto e Pajares, Pola de Lena e de Mieres del Camino ata chegar a Oviedo pola Rebollada. Tras ver a Cámara Santa ovetense, retoman súa ruta por Escamplero, Peñaflor, Grado, La Cabruñana, Cornellana, Salas, Tineo, Pola de Allande e, por fin, cruzan o porto do Acevo para entrar en Galicia. A través de Fonfría, A Proba de Burón, Palfito, A Fonsagrada, Paradavella, Baleira, A Esperela, Fonteo, Vilalle, Vilabade, As Penas de San Lázaro, Soutomerille, Romeán e Bascuas chegan á cidade romana de Lugo. Despois da visita a San Froilán na catedral, ou tras contemplar as espléndidas igrexas de San Miguel de Bacurín e Santa Baia de Bóveda, o Camiño continúa por San Román da Retorta, Toques e Abeancos, para desembocar en Melide, onde se une de novo co Camiño Francés ata chegar a Compostela.
Os diversos elementos que constitúen o medio físico dos vales cántabros e vascos mostran, tras unha aparente homoxeneidade da paisaxe rexional, unha rica variación de combinacións. Desde as plataformas costeiras, de relevo ondulado e suave clima, ata os espazos de montaña que, polas súas pendentes, resultan hostís para os asentamentos. Ambos territorios encerran contrastados ecosistemas, dentro dos cales se asentaron as comunidades rurais tradicionais. O medio físico podía chegar a ser altamente condicionante das súas formas de vida, hábitat e comunicación.
O estudo da infraestrutura viaria no País Vasco e en Cantabria estivo esquecido ata época recente. Os volumes Camiño Norte I (País Vasco) e Camiño Norte II (Cantabria) baséanse principalmente nunha aproximación documental, intentando reconstruír, a pesar dos grandes baleiros cronolóxicos e documentais existentes nos dous territorios, non só a posible existencia do Camiño da Costa, senón tamén os diferentes eixos vertebradores desde os portos do litoral cantábrico cara ao Camiño Francés