O Proxecto Galicia é unha titánica aposta editorial que busca recoller nunha soa obra todo o coñecemento sobre Galicia. Ao longo das súas páxinas fórxase un dos alicerces básicos da cultura da Comunidade Autónoma, á vez que se constrúe a identidade dun pobo. Os máis ambiciosos estudos sobre Historia, Arte, Xeografía, Cartografía, Antropoloxía, Literatura, Natureza, Ecoloxía, Dereito, Heráldica e Economía únense en miles de páxinas que contan co aval de seren o froito do traballo e da colaboración dos mellores expertos nestas materias.
O aspecto gráfico destes exemplares non é menos importante, pois as súas espectaculares imaxes e detalladas infografías ilustran perfectamente os textos. Sen dúbida, os seus máis de cincuenta tomos merecen un lugar privilexiado nas mellores bibliotecas.