Hércules na Feira do Libro da Coruña

Presentación de Xesús Alonso Montero

A editorial coruñesa Hércules estará presente na Feira do Libro da Coruña cunha caseta propia e diversas actividades. Así, o 3 de agosto, ás 20h, o catedrático Xesús Alonso Montero, a profesora Olivia Rodríguez e a editora, Laura Rodríguez Herrera, presentan “El nombre y la obra de Machado dentro de las coordenadas del franquismo”, un ensaio que recolle a difícil relación do réxime co poeta sevillano.

Sinaturas na caseta de Hércules de Ediciones

As actividades na caseta de Hércules de Ediciones comenzarán o propio día 1 con Blanca Paula Rodríguez Garabatos, que asinará “Emilia Pardo Bazán y la moda” y “Emilia Pardo Bazán. Visiones del dandismo” (12h) e Rosalía Bermúdez e Nanda Cabaleiro, con “7 herbas máxicas / 7 hierbas mágicas”; o día 2 de agosto será a quenda de Luisa López Gutiérrez, con “Mi bebé estrellla”, e de Beatriz C. Estévez Fontenla, con “El alecrim”.

O mércores 3 de agosto, Rosario Baleirón asina “Mamá vive en min / Mamá vive en mi” e, ao día seguinte, 4 de agosto, José María Paz Gago fará o propio con “Emilia Pardo Bazán e Galicia” e “La moda, el octavo arte”.

O venres día 5 agosto os protagonistas serán o escritor malpicán Héctor Pose Porto coa súa novela “Muxos” e Carmen Martínez Torrón con “A Coruña, pasado y presente / A Coruña, pasado e presente”; mentres que o sábado 6 José Luis Casteleiro asinará exemplares de “Galicia inmaterial, Galicia máxica”.

O domingo 7, Victoria Castillo asinará \”As formiguiñas filandeiras / Las hormiguitas filanderas\”.

Xa o luns, día 8, Covodonga Rodríguez, filla de Dositeo Rodríguez, asinará “Mis años con Fraga. El Gobierno desde la cocina”  e o martes día 9 María Braxe, irmá de Lino Braxe, asinará “Sidi, unha viaxe cara á vida / Sidi, un viaje hacia la vida”.

E para finalizar, o 10 de agosto tocaralle a Concha Otero, con “A noite en que todo cambiou / La noche en que todo cambió\”; e a Javier Becerra, con “Atlántico, el disco de la libertad de Xoel López” e “Isto é rock! / ¡Esto es rock!\”

Comparte este post

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio