+34 981 220 585 :: [email protected]

As formiguiñas filandeiras

Victoria García e Laura Cortés

13.50

As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras.
Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.

Clear

Autoras: Victoria García (texto) y Laura Cortés (ilustración)

Victoria García é xornalista e mestra de Primaria. Pontevedresa afincada no Morrazo, traballou como redactora e maquetadora en diferentes xornais. Actualmente dedícase á docencia na escola pública galega. Empezou a escribir contos para introducilos nas súas clases. Moitos deles están inspirados nas experiencias e anécdotas que vive a diario na escola.

Laura Cortés (Laura Recarey Cortés) naceu en Chantada en 1982. É titulada en Deseño Gráfico pola EASD Pablo Picasso da Coruña (2008) e ilustradora autodidacta, con formación en pintura realista cos artistas Xavier Muíños Ínsua e Jaime Valero Perandones. Dende 2011 dedícase a tempo completo á ilustración didáctica, infantil, publicitaria e mural, levando a cabo proxectos para editoriais de libro de texto, conto infantil, así como axencias de comunicación e empresas de administración pública e privada vinculadas ao eido medioambiental, cultural e sanitario.

Descargar ficha:

Autor/a:

Ilustrador/a:

ISBN:

Tamaño:

Idioma:

, ,

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…