+34 981 220 585 :: [email protected]

As reescrituras de contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega (das orixes a 2010)

Carmen Ferreira

16.00

A partir de consideracións teóricas sobre a influencia da narrativa de transmisión oral, concretamente dos contos marabillosos, na Literatura Infantil e Xuvenil galega, ofrécese unha ampla ollada panorámica sobre o aproveitamento que dese material narrativo, con distintas finalidades (referenciais, lúdicas, humanizadoras e ideolóxicas), fixeron escritores e escritoras galegas nun significativo período de tempo.

Dispoñible

Category:

Coméntanse unha selección de obras consideradas, nese período temporal, referentes e innovadoras. Achéganse, ademais, pautas cara ao mediador adulto para que non esqueza as múltiples reescrituras que se realizaron dende Galicia, dirixidas en primeira instancia á infancia e mocidade, co propósito de fornecer o imaxinario colectivo e promover a creatividade literaria a través de personaxes, espazos e estruturas narrativas que se repiten ao longo dos tempos.

Un bo camiño de ida e volta que une tradición con modernidade.

Descargar ficha:

ISBN:

,

Tamaño:

Idioma:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…