Un libro de colorear para todos, como apunta o seu subtítulo: para nenos, para maiores, para composteláns, para visitantes…
Unha preciosa maneira de descubrir ou redescubrir Santiago de Compostela, á vez que damos renda solta á nosa creatividade.
Un percorrido por esta histórica cidade en 56 páxinas, con 39 preciosas ilustracións de Paula Mayor, e cun mapa e un índice explicativo —traducido tamén ao inglés— que nos servirán para identificar mellor os recunchos e monumentos que recolle o libro: desde a coñecida praza do Obradoiro, ata as súas rúas e parques máis escondidos.
Un bonito recordo para levar a casa despois dunha viaxe a Santiago de Compostela e un precioso agasallo para todos os composteláns.
Descargar ficha: Ficha "Coloreando Santiago de Compostela"
Comentarios
Aínda non hai valoracións.