+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Conto da Travesía das Musas

João Pedro Mésseder e Raquel Senra

13.50

Travesía das Musas: unha rúa estreita, nun barrio vello e pobre dunha antiga cidade. Nin merecía que lle chamasen rúa, só travesía. Pero neses lugares é onde se agochan, ás veces, a aventura e o desexo de liberdade de quen se sente só e preso. Ademais, as Musas son as inspiradoras da poesía, dos poetas… E, naquela pequena rúa, había poesía e diversión no aire. Xan parecía respiralas. E os seus veciños tamén

Clear

Autor: João Pedro Mésseder

Profesor de ensino superior e natural do Porto, é autor de obras para a infancia, varias delas distinguidas con galardóns en diferentes premios, como o Premio Autores da Sociedade Portuguesa de Autores, en 2017, por De Umas Coisas Nascem Outras; Premio Bissaya Barreto de Literatura para a Infância, en 2014, por Pequeno Livro das Coisas; Mención do xurado do Premio Compostela, en 2008, por El Tiempo Vuela / O Tempo Voa; Listas de Honra do IBBY 2000 e 2006, por Versos com Reversos e por Palavra que Voa, respectivamente. Autor ademais de libros para adultos, mereceu, en 1999, o Premio Maria Amália Vaz de Carvalho de Poesía co seu libro Fissura.

Ilustradora: Raquel Senra

Raquel Senra naceu en Compostela, vila dende a que viaxa a mundos reais e imaxinarios. É unha muller polivalente e a súa formación xira ao redor dos campos da tradución, da literatura infantil e xuvenil, da ilustración e da educación. Actualmente, dedícase ao que máis lle gusta: a tradución e a creación visual e escrita. Encántalle bailar coa lúa, saudar o sol xunto ao mar e ronronar cos gatos que espertan no abrente do día.

Tradución del portugués de Anxo Tarrío.
Descargar ficha técnica: 
Autor/a:

Ilustrador/a:

ISBN:

Idioma:

,

Encadernación:

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

Traductor/a:

Comentarios

There are no reviews yet.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…