De como o Santo dos Croques se fai peregrino

Imaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de Santiago coma uns peregrinos máis.

12,50 

De como o Santo dos Croques se fai peregrino

Imaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de Santiago coma uns peregrinos máis. Ese é o argumento do presente libro, escrito co humor, a retranca e a imaxinación características do autor, que se amosa seguidor dunha tradición literaria moi nosa.

Autor: Pepe Carballude

PEPE CARBALLUDE (Rubin-A Estrada, Pontevedra) amais de profesor de latín, actualmente xubilado, e tradutor dos clásicos Fedro e Cicerón, é un dos escritores máis veteranos e coñecidos da Literatura Infantil e Xuvenil galega. Son da súa autoría, entre outros, os seguintes libros: Xograres dun tempo novo, Marxinados, Romaxe de desventuras, A historia do home can, A vida diaria dos romanos, Mimos e mais mimos, Andainas de Pedro Chosco, O talismán dos druidas, etc. O deus desaparecido e De como o Santo dos Croques se fai peregrino foron premios O Barco de Vapor 1990 e 2002. Os temas que aborda nas súas obras e tamén os recursos empregados na escrita atrapan o lector desde a primeira páxina.

Descargar ficha: 

Peso 0,3 kg
Autoría

ISBN

978-84-122537-4-0 (Castellano), 978-84-122537-5-7 (Gallego)

Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Rústica

Páxinas:

128

Ano de publicación

2020

Idade recomendada:

8-11 anos, 11-16 anos

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio