Este álbum ilustrado relata, a través do texto e das magníficas ilustracións, o que lle aconteceu a un simpático gato doméstico:
O gato Klops descobre unha estrela e pensa en pedirlle un desexo, pero non se acaba de decidir: converterse nun monstro? nunha princesa? nun paxaro?
E de súpeto ocórreselle unha idea xenial…
Que terá pedido á fin?
Teralle concedido a estrela o seu desexo?
Un conto que nos fala do proceso de aprendizaxe necesario para recoñecer que somos valiosos e dignos de ser queridos malia non ser perfectos. Con formato álbum, as ilustracións complementan a historia e motivan unha aprendizaxe entretida, interactiva e reflexiva.
Descargar ficha técnica:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.