+34 981 220 585 :: [email protected]

Isto é rock!

Javier Becerra e Catuxa Alonso

19.00

Nos anos 50 do século XX o rock apareceu como un terremoto que sacudiu o mundo. Moitos pensaron que se trataba dunha moda pasaxeira, pero trabucáronse totalmente. Aquel son que impulsaron artistas como Chuck Berry, Elvis Presley e Jerry Lee Lewis puxo a xente a bailar e desatou unha tolemia colectiva que pervive aínda hoxe. Mantivérona vixente artistas como The Beatles, Janis Joplin, Led Zeppelin, Ramones, Queen, Blondie, Bruce Springsteen e Joan Jett, entre moitos outros que completan estas páxinas. Son as portas de entrada para as novas xeracións a un mundo fascinante.

Clear

Autor: Javier Becerra

Javier Becerra (A Coruña, 1975) é xornalista. Iniciouse nos fanzines dos noventa e as revistas especializadas como Ruta 66. Desde 2007 traballa no xornal La Voz de Galicia onde é redactor da sección Sociedad y Cultura. En paralelo, mantén o blog Retroalimentación e exerce de comentarista musical en Radio Voz. Publicou a biografía Los Eskizos, electricidad a contracorriente (2015), o libro infantil ¡Esto es pop! (2019), o ensaio La música no es lo más importante (2021) e o libro sobre o disco de Xoel López Atlántico (2022). Tamén se encargou da colección de cd-libros Galicia pop-rock (2017), coordina o ciclo Los conciertos de Retroalimentación e dá charlas divulgativas sobre a historia do pop para nenos.

Ilustradora: Catuxa Alonso

Catuxa Alonso Jorge (Santiago, 1980) é licenciada en Belas Artes e traballa como deseñadora e ilustradora na Coruña. Gran amante da música, ilustrou o libro ¡Esto es pop! e a portada para a edición en castelán de Imagine This. Creciendo con mi hermano John Lennon de Julia Baird, irmá de Lennon.

Descargar ficha:

ISBN:

Páxinas:

Tamaño:

Idioma:

,

Encadernación:

Autor/a:

Ilustrador/a:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…