Galicia entre copas

Fai falta “saber de viño” para gozar del? A resposta é NON, pero se malia iso se quere afondar neste mundo e, realmente, “saber de viño”, só fan falta ollos, nariz, boca e algo de tempo. Velaquí a máxima que guía este libro, especialmente dedicado aos que queren apreciar e gozar o viño sen grandes aparatos.

23,90 

Categoría:

Unha viaxe fascinante polos mellores viños do fin do mundo. Mariano Fisac xa se propuxera ensinarnos a beber bos viños sen arruinarnos dende o seu blog, Mileurismo Gourmet. Agora, dende as páxinas deste libro, deléitanos mostrándonos unha Galicia de uvas e viñedos que devolven o respecto á terra, producindo viños que espertan todos os sentidos antes de chegar ao padal

Fai falta “saber de viño” para gozar del? A resposta é NON, pero se malia iso se quere afondar neste mundo e, realmente, “saber de viño”, só fan falta ollos, nariz, boca e algo de tempo

Velaquí a máxima que guía este libro, especialmente dedicado aos que queren apreciar e gozar o viño sen grandes aparatos.

Só a través dun produto artesanal cuxo único aditivo é o zume de uva pódese coñecer como é o viño dunha zona

Nestas páxinas só teñen cabida produtores que realizan elaboracións tradicionais e prescinden de tratamentos residuais agresivos coa contorna.

Hai algo mellor que saber de onde vén con só percibir os seus aromas? Aquí veremos que é posible…

Neste caso, o territorio é Galicia, unha zona de viños única e diferenciada.

Abandonen os prexuízos!

Galicia non é soa terra de albariños e ribeiros para o marisco. A nosa terra esconde grandes brancos de clase mundial, e tintos saborosos, elegantes, intensos, refrescantes e únicos.

Gocen destas páxinas como gusten: con mochila e garfo, ou dende casa, copa a copa!

Aos que elixan a primeira opción, suxerímoslles algunhas paradas nas que descansar ou gozar dunha boa botella; aos que escollan a segunda, dirémoslles cales son as mellores botellas, e mesmo algunha pista de onde encontralas, e os manxares cos que acompañalas.

Beban con moderación (pero beban viño!) e comecemos xuntos a viaxe.

Pepe Solla

(…) fíxose un labor impagable por recuperar e potenciar as uvas autóctonas, as de sempre, as que ás veces criamos esquecidas e mesmo non valiosas!, pero por sorte un puñado de heroes aos que coñeceremos neste libro souberon preservar ese patrimonio, e agora agradécenolo de sobra.

Descargar ficha técnica: 

Peso 0,8 kg
ISBN

978-84-944396-5-0

Páxinas:

240

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica

Fotografías:

225

Ano de publicación

2016

Autoría

Ilustrador/a

Paula Mayor Agrelo

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Galicia entre copas”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio