+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Galicia siempre

Antón Rodicio

82.00

Este magnífico volume é o resultado da peregrinaxe fotográfica de Antón Rodicio por toda Galicia –pola Galicia natural e rural, pola Galicia dos grandes núcleos de poboación, pola Galicia das grandes paisaxes da costa e do interior e pola Galicia dos monumentos e vestixios históricos afastados das grandes vías de comunicación–, en busca das imaxes máis belas, máis rechamantes, máis espectaculares, máis sublimes que fose posible atopar.

Dispoñible

O libro está organizado en nove capítulos. Os oito primeiros corresponden a grandes zonas de Galicia, e o último agrupa outros lugares dispersos entre si, pero moi significativos:

  1. Valdeorras e o Ourense oriental
  2. Courel
  3. Os Ancares
  4. A Praia das Catedrais
  5. A Galicia meridional
  6. A Rías Baixas
  7. A Rías Altas
  8. A Ribeira Sacra
  9. Lugares significativos da Galicia interior

En cada capítulo, ademais das imaxes, hai textos, de contido moi diverso. Hai nel pinceladas sobre a historia dos monumentos e lugares representados nas imaxes, hai noticias sobre sucesos que neses lugares ocorreron, hai notas sobre a vida de personaxes relevantes con eles relacionados, e hai información sobre os sitios desde onde están tomadas as fotos e a forma de chegar ata eles.

Para facer realidade este soño foi necesario percorrer non menos de vinte e cinco mil quilómetros, en sesenta e cinco saídas fotográficas por toda Galicia. Foron necesarias camiñadas de vinte quilómetros e máis p