La máquina de la eternidad. José Sellier, el primer cinematografista

La máquina de la eternidad é a biografía novelada dunha figura fascinante, José Sellier, francés afincado na Coruña que será a primeira persoa en filmar vistas de cinematógrafo en España, no ano 1897.

19,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

La máquina de la eternidad é a biografía novelada dunha figura fascinante, José Sellier, francés afincado na Coruña que será a primeira persoa en filmar vistas de cinematógrafo en España, no ano 1897.

Ao fío da súa vida, José María Paz Gago debuxa un panorama sorprendente da Coruña da Belle Époque, unha cidade cosmopolita e aberta na que rivalizaba en boa harmonía a poderosa colonia francesa coas dinámicas forzas vivas locais ou coa activa comunidade de orixe inglesa.

Chegadas a mediados do XIX á cidade, as familias Sellier e Avrillon traerán de Lyon os últimos adiantos fotográficos —o cinematógrafo entre eles—, pero tamén as últimas modas de París, que as elegantes coruñesas adquiren na sombrerería e modistería Meli Sellier ou na boutique Moda parisiense. Madame Avrillon.

Ao redor de Luís e José Sellier e ás súas esposas, desfilan unha serie de personaxes reais que tiveron trato estreito con eles como Emilia Pardo Bazán, Eusebio da Guarda, Liño Pérez, os Casares Quiroga ou os Ruiz, os Molezún, Barrié, Ozores ou Calvet.

Escrita cun refinado estilo de época, o lector saberá degustar esta novela histórica que recrea con lucidez os vinte primeiros anos da arte por excelencia do século XX.

Autor: José María Paz Gago

José María Paz Gago (Celanova, 1966) é escritor, xestor cultural e profesor de Literatura Comparada. Publicou cinco poemarios:Manual para enamorar princesas, que foi traducido ao francés, inglés, macedonio, árabe (Premio Internacional Carthage de Poesía) e romanés (Premio Lucien Blaga do Festival da Feira do Libro de Alba Iulia); Guía de lugares inexistentes, traducido ao francés; Wha(ts)appa. Piropoemas para mensajes de móvil, traducido ao italiano; Expulsión del paraíso. Poemario del Caribe (Premio Internacional Gustavo Adolfo Bécquer) e Un mar de nombre impronunciable (Premio Internacional de Poesía Claudio Rodríguez).

Tras a publicación de numerosos relatos e tras o éxito da súa primeira novela, Desventuras de un seductor, fai unha nova incursión na ficción con esta novela histórica ambientada no fin de siècle, período que coñece particularmente ben polos seus estudos sobre escritores da época como Emilia Pardo Bazán ou Ramón María del Valle-Inclán.

ISBN: 978-84-18966-64-4

Descargar ficha:

 

Peso 0,5 kg
Autoría

Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2022

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “La máquina de la eternidad. José Sellier, el primer cinematografista”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio