+34 981 220 585 :: [email protected]

Cocinando en casa

Isabel Fraga, "Frabisa"

24.00

Cocinando en casa reúne as mellores receitas dunha das blogueras gastronómicas máis destacadas: Isabel Fraga Blanco, máis coñecida como Frabrisa.

Aínda que moitas das receitas do libro teñen un marcado sabor galego, a autora sabe combinar o mellor da cociña tradicional coa actual, e as súas orixes coa experiencia das súas numerosas viaxes.

Dispoñible

Cocinando en casa reúne as mellores receitas dunha das blogueras gastronómicas máis destacadas: Isabel Fraga Blanco, máis coñecida como Frabrisa.

Aínda que moitas das receitas do libro teñen un marcado sabor galego, a autora sabe combinar o mellor da cociña tradicional coa actual, e as súas orixes coa experiencia das súas numerosas viaxes. As receitas explícanse paso a paso e, cando é necesario, acompáñanse de fotografías de todo o proceso. Ademais, de todas elas móstranse as imaxes dos pratos acabados; nelas podemos apreciar a súa paixón pola fotografía e o coidado que pon na presentación e en todos os detalles. O libro está dividido en categorías de receitas: Aperitivos, Marisco, Peixes, Carnes, Almorzos e Merendas e as súas soadas Sobremesas e Tortas, ademais de contar cunha sección na que a autora explica receitas básicas e as súas técnicas e trucos secretos.

A autora: Isabel Fraga, “Frabisa”

Isabel Fraga Blanco, coñecida como Frabisa, naceu en Montevideo (Uruguai) en 1956, filla de emigrantes galegos. En 1975 volveu cos seus pais a Galicia, onde se estableceu, casou e tivo dous fillos. Aprobou as súas oposicións ao Concello da Coruña en 1985, onde desde entón traballa como funcionaria.

O seu amor pola cociña naceu sendo ela ben pequena, influída pola súa contorna familiar e a maxia producida nas elaboracións das numerosas reunións familiares que se celebraban en casa dos seus pais, onde pronto pasou a ser a responsable das sobremesas e doces que alí se servían.

En 2010 abriu o seu blogue de cociña “La cocina de Frabisa”, que se integrou en 2015 na edición dixital de La Voz de Galicia; desde entón o seu público non fixo máis que aumentar.

As súas receitas mesturan a cociña tradicional coa actual, coidando sempre de utilizar o mellor produto executado con técnicas sinxelas e presentadas co mimo e esmero de quen ama o que fai.

A día de hoxe, os lectores e subscritores que seguen as súas receitas desde todos os recunchos do mundo cóntanse por miles.

Descargar ficha:

Autor/a:

Idioma:

ISBN:

Encadernación:

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…